CCOO de Industria | 17 noviembre 2025.

25N | Xa nos toca: CCOO actúa contra as violencias machistas

  • O sindicato intensifica a acción feminista e sindical para combater todas as formas de violencia contra as mulleres, dentro e fóra dos centros de traballo. #NingunaMujerSola #25N

No Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, CCOO Industria Galicia súmase á denuncia colectiva contra unha realidade que segue golpeando vidas, precarizando proxectos e limitando dereitos. As violencias machistas son estruturais, e como sindicato feminista afirmamos con rotundidade: Xa nos toca actuar con máis forza ca nunca.

17/11/2025.
25N XaNosToca

25N XaNosToca

Desde CCOO denunciamos que as violencias machistas continúan sendo a expresión máis extrema da desigualdade entre mulleres e homes. Unha ferida aberta na sociedade democrática e un ataque frontal aos dereitos fundamentais.

Este 25N reafirmamos o mandato aprobado no último Congreso confederal.

Isto significa:

  • Exixir políticas públicas eficaces en prevención, educación, asistencia, reparación e acompañamento das vítimas.
  • Reforzar o traballo sindical nos centros de traballo para detectar, previr e erradicar calquera forma de violencia de xénero ou acoso sexual.
  • Acompañar e asesorar ás traballadoras que sofren violencia fóra do ámbito laboral, recoñecendo o impacto directo que isto ten na saúde, seguridade e dereitos laborais.

Porque Xa Nos Toca.

Tócanos actuar polas compañeiras maiores invisibilizadas, polas mozas que ven limitados os seus proxectos de vida, polas mulleres migrantes, polas que viven situacións de vulnerabilidade, polas mulleres con discapacidade…

Tócanos porque somos unha organización feminista e diversa, con máis dun millón de persoas afiliadas capaces de transformar a realidade.

Os datos seguen sendo demoledores:

  • 36 mulleres asasinadas pola súa parella ou exparella en 2025, ademais de 15 feminicidios doutras tipoloxías recoñecidas.
  • 3 menores asasinados por violencia vicaria só neste ano.
  • 14 violacións ao día en España, máis de 43 agresións sexuais diarias segundo Interior.
  • Case 1.800 vítimas liberadas de redes de trata en 2024, o 98% mulleres.
  • O acoso sexual no traballo continúa oculto: o 28,4 % das mulleres que traballaron algunha vez sufrírono no seu emprego.

Fronte a isto, os discursos negacionistas da ultradereita tentan recortar dereitos e poñen en risco avances fundamentais. En CCOO deixamos claro: combatelos tamén nos toca.

Recoñecemos ademais a importancia de ferramentas sindicais como a Guía de recursos e dereitos contra a violencia de xénero, e o noso Observatorio de Acoso Sexual e por Razón de Sexo, que superou as 7.000 visitas no último ano.

Neste 25N, CCOO Industria Galicia súmase aos actos e mobilizacións do movemento feminista en todos os territorios. Seguiremos traballando día a día, dende a negociación colectiva, a formación, a sensibilización e a acción sindical, para avanzar cara a unha sociedade libre de todas as violencias machistas.

#NingunaMujerSola | #25N | #XaNosToca